DANOS OCASIONADOS POR ANIMAIS SOLTOS
PASOS A SEGUIR:
1º.- Chamar á Policía Local do Concello de Vigo
para que envíen unha patrulla rural ó lugar.
Tlf: 986810101 // 092
A policía emitirá un informe.
2º.- Presentar unha Denuncia
Administrativa no Concello de Vigo, ben por rexistro ou ben na 2ª planta, OMIC, ou por ambos medios.
A denuncia administrativa é para
que o Concello envíe unha patrulla de xeito periódico á zona para controlar a
situación e evitar calquera tipo de incidente cos animais que andan ceibos.
A denuncia administrativa é un
procedemento “amistoso” coa finalidade de chegar a un acordo co propietario do
animal ou animais.
3º.-Presentar unha demanda civil
ou penal.
O
Concello non dispón de asesoría xurídica as asociacións.
A día de
hoxe estamos tratando de conseguir contar con Asesoría Xurídica dentro da
Asociación
RETENCIÓN DE ANIMAIS:
Reter un animal para mostrarllo
á patrulla do SEPRONA ou para tomar nota da identificación, é correcto, sen
embargo a retención por un período máis longo, pode traer problemas.
Nota: Cando o animal que
ocasiona os danos non ten
identificación o procedemento a seguir é o mesmo, é misión da policía
atopar ó propietario e sancionalo por non ter correctamente identificado o
animal.
A día de hoxe a Xunta di que non
se fai responsable, que están tratando de regularizar a situación elaborando un
rexistro do gando e recomenda presentar unha denuncia na Garda Civil, no
Servicio de Protección a Natureza (Seprona), chamando ó 062 para que acudan ó
lugar e despois presentar unha denuncia na Garda Civil.